EDICIÓN 2020 CANCELADA, VEMONOS NO 2021
Localización da Saída e Chegada: Area Recreativa A Veiga. Muras (Lugo)
Distancia en tempo dende a Coruña: 1H.09 Min
Distancia en tempo dende Lugo: 50 Min.
Distancia en tempo dende Ferrol: 44 Min.
Distancia en tempo dende Viveiro: 33 Min
As Coordenadas de Muras son as seguintes:
* Latitude: 43.5033806
* Lonxitude: -7.6875776
As categorías son as seguintes para tódalas carreiras;
A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental da Serra do Xistral e Rio Eume. Pregamos a todos os participantes que respeten a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixo no monte e que non se moleste á posible fauna que se encontré polo percorrido.
Distancia Maratón:
Obrigatorio portar chuvasqueiro, manta térmica, luvas e gorro ou tubular.
Resto de distancias e andaina:
Debido ao feito de que a proba se realiza en novembro, a organización resérvase a posibilidade de pedir roupa de protección de abrigo, rompe-ventos ou medias longas, guantes…… en agarda das prediccións meteorolóxicas previas á carreira. Se o parte meteorolóxico indica que haberá precipitacions ou temperaturas baixas a organización obrigará ao uso das prendas que estime oportunas. En caso de que álgun corredor non porte co material de abrigo para a súa seguridade, será descualificado ou prohibiráselle a participación na proba.
Haber 3 tipos de marcas para seguir o percorrido:
A organización disporá de abastecementos tanto líquidos coma solidos:
Froita, barriñas de cereais, auga e isotonicos.
É obrigatorio para os corredores levar un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos. ( faise isto por respeto ao medio e para reducir a producción de lino).
No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que faga precisa asistencia medica, deberase intentar chegar aos puntos de emerxencia, onde o persoal da organización prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.
No caso de emerxencia grave que impida movérmonos avisarase a outro corredor para que alerte no punto mais próximo ou chamarase aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É obriga de todos os corredores prestar asistencia aos lesionados. A organización facilitará coa inscrición un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro. Queda fóra da responsabilidade da organización a asistencia noutros centros de saúde ou hospitais.
Antes de entrar no recinto de saída procederase ao control de dorsais e do material obrigatorio, se fose necesario. A organización terá o percorrido totalmente balizado e os participantes deberán seguilo estritamente e non saltar ningún tramo. Para realizar ese control cada corredor disporá, no maratón, dun dispositivo GPS que indicará en todo momento a súa posición e o seu track. Nas outras probas haberá xuíces e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores. Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de decidir a descualificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.
Ao formalizala inscripción, momento de efectuar o pago da proba, cada deportista recoñece baixo sua responsabilidade que reúne e dispon de unhas condicions físicas, psíquicas e o dominio técnico necesario para afrontarla competición con éxito e acabar a carreira nos tempos de corte delimitados pola organización. A posesión da licenza federativa non asegura nin cubre esta responsabilidad. Ase mesmo, os e as participantes deberán:
Ante as causas meteorolóxicas ou de causa mayor que impidan a modificación de parte ou da totalidade de algúnha das distancias, a organización planteará una prueba alternativa sobre outra distancia e outros recorridos en función das circunstancias pero en ningún caso o evento se pospondrá a outra fecha e non se devolverá o importe de la inscripción.
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento, e aceptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twiter e demáis medios de publicidad do material fotográfico e video de dita proba.
ata o día …. de …….. as 23:59
do ……… ata o día ……. as 22:00
ata o día …. de …… as 23:59
do …. de …… ata o 30 de …….. as 22:00
(transporte en autobús á saída, Os Coruxos)
ata o día de …… as 23:59
do ……. ata ……… as 22:00
ata o día … de …… as 23:59
do … de …… ata o … de ……. as 22:00
.
Tanto o Concello de Muras como os organizadores temos un forte compromiso coa conservación da natureza, e neste caso coa conservación dos espazos de Muras, especialmente a Serra do Xistral. Queremos que esta sexa unha carreira ecorresponsable, e por iso decidimos tomar unha serie de medidas como as seguintes:
Latitud: 43.5033806
Longitud: -7.6875776