TRAIL DAS BESTAS – MURAS

Terceira edición

EDICIÓN 2019

A terceira edición do Trail Das Bestas celebrarase o 3 de Novembro do 2019. O percorrido será circular, con saída e meta na área recreativa da Veiga para a Andaina, 14k e Maratón.

Os corredores que participan na distancia 27k terán que presentarse tamén na Veiga, onde un autobús os recollerá e os levará á saída, nos Coruxos.

 

LOCALIZACIÓN

Localización da Saída e Chegada: Area Recreativa A Veiga. Muras (Lugo)

Distancia en tempo dende a Coruña: 1H.09 Min

Distancia en tempo dende Lugo: 50 Min.

Distancia en tempo dende Ferrol: 44 Min.

Distancia en tempo dende Viveiro: 33 Min

As Coordenadas de Muras son as seguintes:

* Latitude: 43.5033806
* Lonxitude: -7.6875776

Ver en Google Maps

HORARIOS

  • 7:30 a 9:00 Recollida de Dorsais.
  • 8:30 Saída do Maratón.
  • 9:00 Saída do autobús ata Os Coruxos (Serra do Xistral), para 27k.
  • 9:30 Saída 27k – 14k e Andaina.

*A saída dos 27k será dende Os Coruxos, na Serra do Xistral, polo que se habilitará un transporte gratuito en autobús desde Muras ata o punto de saída (15 min de traxecto dende Muras)

CATEGORIAS

As categorías son as seguintes para tódalas carreiras;

  • Sénior Masculino e femenino dos 18 ata 45 años
  • Veterano/a. A partir dos 46 años
  • Absoluto/a.
  • A idade considerada pola organización será a que se teña ao finalizar o ano en curso.
    Haberá unha categoría por clubs masculina e feminina en cada unha das distancias. Para puntuar para esta categoría o club deberá ter polo menos 3 corredores/as nesa categoría e terán que chegar á meta polo menos 3 corredores/as por categoría. O método de puntuación será: O primeiro ou primeira corredor/a obterá 1 punto, o segundo/a 2 puntos, o terceiro/a 3 e así sucesivamente. Gañará a clasificación por clubs, aquel que sume menos puntos. Só puntuarán os/as 3 primeiros/as clasificados de cada club en cada categoría.

CONTORNO

A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental da Serra do Xistral e Rio Eume. Pregamos a todos os participantes que respeten a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixo no monte e que non se moleste á posible fauna que se encontré polo percorrido.

PERCORRIDOS

3 distancias: Maratón, 27k y 14k

01.

Maratón

43 kms. desnivel: 1780 metros positivos e 1780 metros negativos.

Maratón trail das bestas

02.

27k

Desnivel: 990 metros positivos e 1200  metros negativos.
27k trail das bestas

03.

14k e Andaina

Desnivel 550 metros positivos e  550 metros negativos.
14k trail das bestas

REGULAMENTO

Regulamento e información da carreira

MATERIAL OBRIGATORIO

Distancia Maratón:

Obrigatorio portar chuvasqueiro, luvas e gorro ou tubular.

Resto de distancias e andaina:

Debido ao feito de que a proba se realiza en novembro, a organización resérvase a posibilidade de pedir roupa de protección de abrigo, rompe-ventos ou medias longas, guantes…… en agarda das prediccións meteorolóxicas previas á carreira. Se o parte meteorolóxico indica que haberá precipitacions ou temperaturas baixas a organización obrigará ao uso das prendas que estime oportunas. En caso de que álgun corredor non porte co material de abrigo para a súa seguridade, será descualificado ou prohibiráselle a participación na proba.

BALIZAXE DA CARREIRA

Haber 3 tipos de marcas para seguir o percorrido:

  1. Marcas fixas con frechas de dirección en crucezamentos e interseccións.
  2. Cinta de balizar vermella e Branca.
  3. Cartais de dirección
  4. Frechas de spray biodegradable en cor fosforescente.

ABASTECEMENTOS

A organización disporá de abastecementos tanto líquidos coma solidos:

Froita, barriñas de cereais, auga e isotonicos.

É obrigatorio para os corredores levar un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos. ( faise isto por respeto ao medio e para reducir a producción de lino).

QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?

No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que faga precisa asistencia medica, deberase intentar chegar aos puntos de emerxencia, onde o persoal da organización prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.

No caso de emerxencia grave que impida movérmonos avisarase a outro corredor para que alerte no punto mais próximo ou chamarase aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É obriga de todos os corredores prestar asistencia aos lesionados. A organización facilitará coa inscrición un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro. Queda fóra da responsabilidade da organización a asistencia noutros centros de saúde ou hospitais.

RECOMENDACIÓNS

Antes de entrar no recinto de saída procederase ao control de dorsais e do material obrigatorio, se fose necesario. A organización terá o percorrido totalmente balizado e os participantes deberán seguilo estritamente e non saltar ningún tramo. Para realizar ese control cada corredor disporá, no maratón, dun dispositivo GPS que indicará en todo momento a súa posición e o seu track. Nas outras probas haberá xuíces e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores. Tanto o trackcomo as lecturas do chip serán vinculantes á hora de decidir a descualificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.

Queda prohibido tirar botellas, vasos, papeis ou calquera desperdicio fóra das zonas habilitadas pola organización; o incumprimento desta norma será motivo de descualificación.

O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.

INSCRIPCIONS

 Prezos das inscripcións e  plataforma de inscripción.

Percorrido maratón 43 kms

 

22€

ata o día 24 de Outubro as 23:59

26€

do 25 Outubro ata o día 30 de Outubro as 22:00

 

Percorrido 14 kms

 

16€

ata o día 24 de outubro as 23:59

20€

do 25 de Outubro ata o 30 de Outubro as 22:00

 

Percorrido 27 km

(transporte en autobús á saída, Os Coruxos)

18€

ata o día 24 de outubro as 23:59

22€

do 25 Outubro ata 30 de Outubro as 22:00

 

Andaina 14 kms

 

9€

ata o día 24 de outubro as 23:59

13€

do 25 de Outubro ata o 30 de Outubro as 22:00

 

  • A inscrición inclúe:
    • Seguro de accidentes e R. C.
    • Catro abastecementos no maratón, 2 na media (1 sólido e líquido e 1 líquido) e 1 na curta e andaina (sólido e líquido).
    • Agasallo da proba.
    • Comida final.
    • Reportaxe fotográfica en aberto.
    • Seguimento gps Track The Race(distancia maratón).
    • Ludoteca para nenos.
    • Duchas.

    .

CLASIFICACIÓNS

MARATON 2018

TRAIL LONGO 2018

TRAIL CURTO 2018

HEMEROTECA

Fotos e videos

Fotos

I Trail das Bestas

II Trail das Bestas

Videos

ECORESPONSABILIDADE

Tanto o Concello de Muras como os organizadores temos un forte compromiso coa conservación da natureza, e neste caso coa conservación dos espazos de Muras, especialmente a Serra do Xistral. Queremos que esta sexa unha carreira ecorresponsable, e por iso decidimos tomar unha serie de medidas como as seguintes:

  • Os abastecementos realizaranse sen vasos nin plásticos.
  • Limitarase o trazado a espazos nos que non teña impacto o tránsito dos corredores.
  • Haberá un grupo de voluntarios de revisión dos trazados ao finalizar o evento.
  • Realizarase unha xornada “cero lixo”, na que se organizará un percorrido para todo aquel que queira participar e recoller o lixo que haxa nos trazados.

CONTACTO

tes algunha dúbida?

LOCALIZACIÓN

Latitud: 43.5033806

Longitud: -7.6875776

TELÉFONO

+34 679253177

Formulario de contacto

Contestaremosche o antes posible