TRAIL DAS BESTAS – MURAS
Proba ranking G3 do Galicia Trail Running Series
GALICIA TRAIL RUNNING SERIES

Premio Mellor Xestión Medioambiental 2024 Federación galega de Atletismo
Premio Mellor Xestión Medioambiental 2024 AGAXEDE
LOCALIZACIÓN
HORARIOS E INFORMACIÓN TÉCNICA
- 7:00 Apertura de secretaría.
- 8:00 Saída maratón.
- 9:30 Saída 27k
- 10:15 Saída 12k.
- 10:20 Saída Andaina
- 13:30 Entrega de premios 12K
- 14:00 Entrega premios 27K
- 15:30 Peche de meta / Entrega premios Maratón.
CONTORNO
A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental da Serra do Xistral e Rio Eume. Pregamos a todos os participantes que respeten a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixo no monte e que non se moleste á posible fauna que se encontré polo percorrido.
01.
Maratón
02.
27k
03.
12k e Andaina
MATERIAL OBRIGATORIO
Para garantir a seguridade de todos os participantes, será obrigatorio levar o seguinte material:
-
Sistema de hidratación: Mínimo 1 litro de capacidade.
-
Manta térmica.
-
Teléfono móbil con batería cargada.
-
Dispositivo GPS (só para a Maratón): Para seguimento a través de TrackTheRace.
Nota: A organización confirmará a listaxe definitiva de material a semana previa á proba, en función da predición meteorolóxica.
BALIZAXE DA CARREIRA
Haber 3 tipos de marcas para seguir o percorrido:
- Marcas fixas con frechas de dirección en cruces e interseccións.
- Cinta de balizar laranxa e branca.
- Carteis de dirección
- Frechas de spray biodegradable en cor fosforescente.
ABASTECEMENTOS
Dependendo da distancia de carreira teredes os seguintes abastecementos:
- Maratón: 3 Líquidos e 2 Líquidos-Sólidos
- 27k: 2 Líquido e 1 Líquido-Sólido
- 12K e Andaina: 1 Líquido-Sólido
Nos líquido-sólido encontraredes froita.
Tamén encontraredes spray de protección solar.
QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?
No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que faga precisa asistencia medica, deberase intentar chegar aos puntos de emerxencia, onde o persoal da organización prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.
No caso de emerxencia grave que impida movérmonos avisarase a outro corredor para que alerte no punto mais próximo ou chamarase aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É obriga de todos os corredores prestar asistencia aos lesionados. A organización facilitará coa inscrición un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro. Queda fóra da responsabilidade da organización a asistencia noutros centros de saúde ou hospitais.
Antes de entrar no recinto de saída procederase ao control de dorsais e do material obrigatorio, se fose necesario. A organización terá o percorrido totalmente balizado e os participantes deberán seguilo estritamente e non saltar ningún tramo. Para realizar ese control cada corredor disporá, no maratón, dun dispositivo GPS que indicará en todo momento a súa posición e o seu track. Nas outras probas haberá xuíces e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores. Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de decidir a descualificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.
RESPONSABILIDADE XERAL.
Ao formalizala inscripción, momento de efectuar o pago da proba, cada deportista recoñece baixo sua responsabilidade que reúne e dispon de unhas condicions físicas, psíquicas e o dominio técnico necesario para afrontarla competición con éxito e acabar a carreira nos tempos de corte delimitados pola organización. A posesión da licenza federativa non asegura nin cubre esta responsabilidad. Ase mesmo, os e as participantes deberán:
- Ser responsables da sua propia seguridad e da do resto de competidores.
- Coñocer y respetar o reglamento da competicion así como o protocolo Fisiocovid-DxtGalego e as medidas particulares de esta carreira.
- O participante que abandone a competición está obrigado a quitarse o dorsal e comunicalo a organización.
- Obedecer las indicaciones da organizacion e voluntarios dispostos durante o percorrido.
- Respetar en todo momento as normas de circulación.
- Tratar a o resto de atletas, voluntarios e espectadores con respeto e cortesía.
- Respetar o medio ambiente e as zoas nasque se celebra a competición, queda terminante prohibido tirar basura, este feito pode ser causa de descualificación.
Ante as causas meteorolóxicas ou de causa mayor que impidan a modificación de parte ou da totalidade de algúnha das distancias, a organización planteará una prueba alternativa sobre outra distancia e outros recorridos en función das circunstancias pero en ningún caso o evento se pospondrá a outra fecha e non se devolverá o importe de la inscripción.
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento, e aceptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twiter e demáis medios de publicidad do material fotográfico e video de dita proba.
Percorrido maratón 43 kms
Percorrido 12 kms
Percorrido 27 km
Andaina 12 kms
Tanto o Concello de Muras como os organizadores temos un forte compromiso coa conservación da natureza, e neste caso coa conservación dos espazos de Muras, especialmente a Serra do Xistral. Queremos que esta sexa unha carreira ecorresponsable, e por iso decidimos tomar unha serie de medidas como as seguintes:
- Limitarase o trazado a espazos nos que non teña impacto o tránsito dos corredores.
- Haberá un grupo de voluntarios de revisión dos trazados ao finalizar o evento.
- Realizarase unha xornada “cero lixo”, na que se organizará un percorrido para todo aquel que queira participar e recoller o lixo que haxa nos trazados.






